Novas de Palas de Rei
O BNG advertiu en Palas de Rei sobre a situación da sanidade pública
Montse Prado foi contundente ao sinalar que a situación actual “non é froito da casualidade nin apareceu dun día para outro”, senón que responde, segundo defendeu, a unha planificación política continuada de debilitamento do sistema público
Palas de Rei contará cunha unidade móbil para tramitar o DNI e o pasaporte en novembro
Os veciños que precisen renovar ou sacar estes documentos deberán reservar cita antes do 16 de novembro, e tamén poderán facelo por teléfono
A Serra do Careón acollerá unha saída de campo para localizar a planta Galatella aragonensis
A actividade, organizada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, celebrarase este sábado e permitirá coñecer a ecoloxía, distribución e conservación desta especie
O BNG organiza en Palas de Rei unha charla sobre o acceso aos medicamentos nas gardas farmacéuticas do rural
A Casa da Cultura acollerá o mércores 23 de setembro un encontro para debater os problemas das gardas farmacéuticas afastadas dos puntos de atención continuada
A Escola Infantil de Palas de Rei presenta as súas instalacións remodeladas
As actuacións, foron financiadas con cargo a un convenio entre o Consorcio Galego de Servizos Sociais e o Concello por un importe de 48.000 euros
Sergio Alba levará a Palas de Rei o seu espectáculo de humor "Dous rombos... Pasa para a cama"
O show retro-activo repasará con humor os recordos, costumes e vivencias dunha xeración marcada pola chegada da televisión en cor
Crean unha oficina itinerante para informar á mocidade do rural sobre emprendemento e melloras laborais
O programa bota a andar este mesmo venres, día 28, no municipio lugués de Palas de Rei, e continuará o vindeiro luns, 31 de agosto, no concello ourensán de Celanova
Palas de Rei converterase en referente do teatro afeccionado coa XXVII Mostra Internacional Teatro no Camiño de Santiago
Compañías de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela-A Mancha, Baleares e Cataluña actuarán entre o 20 de agosto e o 5 de setembro en distintos espazos do municipio
Palas de Rei abre unha ventá á súa memoria para os peregrinos da man de Cruz Vermella
A iniciativa "Contigo no Camiño, non todo é camiñar" promoveu un encontro interxeracional para dar a coñecer a cultura e as tradicións locais
A Xunta destina máis de 1,12 millóns de euros á promoción do Camiño Francés e á preparación do Xacobeo 2027
O convenio beneficiará a once concellos, entre eles Sarria, Samos, Triacastela, Paradela, Palas de Rei, Portomarín e Monterroso
Palas de Rei contará cunha nova zona de baño no entorno do parque empresarial
A instalación, impulsada polo Grupo Jim Sports en colaboración co Concello, supuxo un investimento superior aos 1,4 millóns de euros e poderá abrir ao público a finais desta tempada ou o próximo ano
Plataforma Ulloa Viva esixe á Xunta a documentación do arquivo do expediente de Altri
Che Cancelo demanda que a reapertura da Mina de Touro-O Pino “siga o mesmo camiño” que a macrocelulosa
O Goberno autoriza unha nova modificación das obras da A-54 e amplía o investimento na futura estación de Lugo
Aprobouse tamén a declaración de urxente ocupación dos terreos, bens e dereitos afectados polo proxecto de ampliación dun sendeiro fluvial na marxe esquerda do río Asma, en Chantada
Finaliza o proceso de expropiación da vía LU-231 que conectará Palas de Rei coa A-54
Os propietarios das parcelas afectadas xa recibiron as actas de ocupación dun proxecto chamado a mellorar as comunicacións entre Palas de Rei, Friol e a autovía
Palas de Rei inicia un plan de rexeneración e formigonado de vías cun investimento de 1,25 millóns de euros
As actuacións, financiadas pola Xunta, a Deputación e o propio Concello, executaranse durante o próximo ano e chegarán á práctica totalidade das parroquias do municipio
Eventos
A unidade móbil da ITV para turismos estará en Palas de Rei do 28 ao 31 de xullo
O servizo prestarase no Mercado Gandeiro en horario de mañá e tarde, agás o último día, cando só haberá atención matinal
A Deputación inicia o asfaltado do tramo urbano da LU-P-2901 en Palas de Rei
As obras mellorarán 816 metros da vía entre a N-547 e a rúa Agro do Rolo e culminarán coa súa cesión ao Concello
A Xunta confirma que acometerá obras de mellora no polideportivo do CEIP de Palas de Rei
A actuación, cun investimento de 47.000 euros, iniciarase este mes de xullo e estará rematada antes do comezo do próximo curso escolar
Palas de Rei celebrará a 18ª Festa da Xuventude no Camiño o 3 de xullo
A xornada incluirá obradoiros infantís, ruta de bares, charanga e concertos con Olympus e DJ Casanova
Palas de Rei impulsa melloras de eficiencia enerxética no centro de saúde e na casa do concello
As actuacións, enmarcadas no programa CAES, buscan reducir o consumo enerxético e mellorar o confort térmico en edificios municipais e comarcais
Cubelo celebrará o San Xoán 2026 cunha gran comida popular e festa durante toda a xornada
A parroquia de Palas de Rei reunirá aos veciños o 24 de xuño nunha celebración con sesión vermú, xantar popular e animación musical a cargo do Dúo Son de Festa
A Deputación adxudica as obras da estrada entre Palas e Friol e licita outra actuación en Xermade
As obras consistirán fundamentalmente na mellora da drenaxe, a renovación do firme mediante aglomerado en quente e a reposición da sinalización










