Novas de Becerreá
Castaño y Nogal presume da nova imaxe de Becerreá e do tirón da súa ruta de sendeirismo
A asociación destaca a renovación da Casa do Concello e a chegada de camiñantes ao PR-G 159, mentres o municipio avanza na mellora dos servizos públicos e na recuperación do patrimonio rural
Becerreá repartirá 1.000 euros en premios para impulsar o comercio local
A campaña "Merca no teu comercio" reuniu 1.245 tickets entre o 15 e o 30 de setembro nos municipios de Becerreá, Baralla, Cervantes e As Nogais
Becerreá acolle unha charla para familias sobre a importancia de poñer límites na crianza
A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy organiza este sábado un encontro gratuíto para nais e pais con crianzas menores de seis anos
Manuel Martínez, alcalde de Becerreá: "A min de aquí non me bota ninguén, só os veciños"
O rexedor de Becerreá, á fronte da Alcaldía do municipio desde 2007, confirma que se presentará ás eleccións para levar a cabo proxectos cos que renovar os servizos públicos, mellorar as parroquias e transformar a capitalidade
A XIX Festa da Gaita de Quintá de Cancelada reunirá música tradicional, homenaxes e foliada en Becerreá
A celebración, organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Chao de Sebes, desenvolverase os días 15 e 16 de agosto e contará cunha homenaxe ao gaiteiro José Antonio Gegúndez
O futuro centro de saúde de Becerreá supera unha fase clave coa redacción do proxecto en marcha
A nova infraestrutura sanitaria contará cun investimento de máis de 3,2 millóns de euros, ampliará servizos asistenciais e reforzará a capacidade do PAC da montaña lucense
Rente ao Couce celebrará a VI Subida á Pena do Pico e a IV Rapa das Bestas dentro das festas de San Lourenzo
As actividades desenvolveranse os días 7 e 8 de agosto cun programa que combina deporte, tradición e convivencia veciñal
Coordinan o dispositivo de seguridade para a sexta Ancares Cycling Marathon
A proba celebrarase o 9 de agosto con dous percorridos renovados polos municipios de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Becerreá, Navia de Suarna e Cervantes
O operativo contra incendios reforza a prevención no distrito forestal da Fonsagrada-Os Ancares
O distrito conta con 14 brigadas da Xunta, unha unidade batracio pioneira en Galicia e medios especializados para actuar durante todo o ano
Os concellos da Vía Künig coordinan novas actuacións para reforzar a promoción do itinerario xacobeo
As administracións implicadas impulsarán accións divulgativas, materiais informativos e tarefas de conservación ao longo de 2026
Becerreá acollerá en xullo a segunda edición do Maratón de Fútbol Sala con máis de 2.000 euros en premios
O torneo disputarase os días 10, 11 e 12 de xullo no Pavillón Municipal e reunirá equipos de distintos puntos da comarca e da provincia
A Xunta impulsa un novo centro de saúde en Becerreá cun investimento superior aos 3,2 millóns
O PPdeG destaca que a actuación reforzará a atención sanitaria na montaña lucense e converterá o municipio nun referente asistencial
A Xunta felicita ao IES de Becerreá polo seu proxecto de impulso do galego
O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, agradeceu ao tecido empresarial colaborador e autoridades locais o seu apoio ao desenvolvemento da iniciativa
O PP reclama a Carmela López que aclare a data na que se abrirá a residencia de Becerreá
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, destaca que o anuncio da semana pasada da presidenta da Deputación sobre o equipamento do centro “ten moitos matices e aristas"
Becerreá renovará o céspede do campo municipal de fútbol cun investimento de preto de 200.000 euros
A actuación será financiada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo mediante un convenio co Concello e executarase ao longo deste ano
Eventos
Becerreá celebrará o San Xoán 2026 cunha sardiñada popular, fogueira e verbena
A programación dos días 23 e 24 de xuño inclúe música en directo, pregón, actos relixiosos, deporte e actuacións das orquestras Grupo Beatriz e Cinema
Crean unha comisión de seguimento do convenio entre Deputación e Concello de Becerreá para abrir a residencia
A Deputación de Lugo impulsará a licitación do equipamento das instalacións mentres continúan os trámites pendentes para poñer en funcionamento o servizo
Ponse en marcha un novo obradoiro dual de emprego entre As Nogais, Baralla e Becerreá
O programa Vía Künig formará a 20 persoas desempregadas en revestimentos de construción e permitirá executar melloras en infraestruturas públicas dos tres municipios
O Sindicato Labrego alerta do aumento dos ataques de xabarís a pastos e cultivos na montaña lucense
As explotacións gandeiras reclaman máis medidas preventivas e información sanitaria ante a crecente presenza de fauna salvaxe
Becerreá acollerá a primeira edición de “Cantos de Taberna” organizada pola Asociación Son de Cores
A cita celebrarase o 6 de xuño e reunirá grupos de canto tradicional que percorrerán os bares do municipio nunha xornada cultural aberta á participación
Rente ao Couce celebra en Becerreá a festa das Letras con música, regueifas e homenaxe a Begoña Caamaño
A xornada Galego Lingua Viva terá lugar o sábado 9 de maio ás 17.00 horas na Praza do Concello con actividades para todos os públicos
Becerreá revivirá en maio a V Batalla da Ponte de Cruzul cun amplo programa histórico e cultural
A recreación celebrarase os días 15, 16 e 17 de maio de 2026 con campamento napoleónico, desfiles, actos institucionais e escenas de combate











