Novas de Castroverde
O BNG de Lugo leva a Bruxelas as demandas dos concellos rurais
A alcaldesa de Samos, Chus López, encabezou unha delegación municipal que trasladou á eurodeputada Ana Miranda as necesidades do rural lucense en materia de vivenda, transporte, servizos públicos e financiamento europeo
Castroverde destina 3.000 euros ao club de fútbol sala para apoiar o deporte de base
O convenio coa entidade deportiva permitirá reducir os gastos das familias e mellorar os recursos e o equipamento destinados aos nenos e nenas do municipio
O Festivaliño On The Road achegará o cine infantil ao alumnado de Castroverde
A caravana itinerante de curtametraxes visitará o CPI Plurilingüe o luns, 5 de outubro, cunha programación adaptada aos escolares de Infantil e Primaria
Castroverde inicia un curso de flor seca con apoio da Reserva da Biosfera Terras do Miño
A formación, organizada polo Concello e financiada pola Deputación de Lugo, celebrou a súa primeira sesión e continuará o vindeiro xoves
Castroverde acolle encontros semanais para familias con nenos e nenas de ata seis anos
A asociación Antonio Gandoy impulsa no municipio unha iniciativa de formación e intercambio entre familias con menores en idade preescolar, no marco do programa Preescolar na Casa
Castroverde renderá homenaxe a don Jesús Fernández cunha xornada de celebración
A homenaxe terá lugar o domingo 27 de setembro e incluirá unha misa, a entrega duns detalles e unha comida con actuacións musicais
Castroverde amplía o parque infantil do CPI Plurilingüe con novos xogos
O Concello investiu preto de 12.500 euros na instalación dun xogo de trepa e unha locomotora para renovar e ampliar o espazo de lecer
Castroverde inicia en outubro un novo curso de costura no Centro Social Paco Pestana
A actividade desenvolverase todos os martes pola tarde e estará impartida pola profesora de Corte e Confección Marisa Freire
ADEGA denuncia o recheo dunha zona húmida en Cellán de Mosteiro, en Castroverde
A asociación ecoloxista pide paralizar os traballos, investigar as actuacións realizadas e restaurar os terreos ao seu estado anterior
As piscinas municipais de Castroverde reabren tras recibir resultados favorables das analíticas
O Concello informa de que as instalacións volven estar operativas desde este 12 de agosto tras completar os tratamentos e controis sanitarios necesarios
As piscinas municipais de Castroverde pechan tras atopar restos de excrementos
O Concello activou os protocolos sanitarios nos vasos grande e pequeno e relaciona os feitos co denominado “reto marrón” difundido nas redes sociais
Castroverde renderá homenaxe a Manuel Lence Fernández na parroquia de Miranda
O acto celebrarase o 13 de agosto xunto ao colexio da localidade para recoñecer a traxectoria do empresario e filántropo nacido na parroquia
O Centro Sociocultural Paco Pestana de Castroverde mellora os seus medios técnicos cun novo equipamento audiovisual
A Deputación de Lugo colaborou na adquisición do material cunha achega de 7.000 euros
Miranda acollerá un curso gratuíto de restauración de mobles a finais de xullo e comezos de agosto
A Asociación Cultural e Veciñal de Miranda organiza esta formación na Casa da Cultura, con inscrición por orde de chegada
De Ninghures pechará as Festas do Santiago de Castroverde cun concerto o domingo
A actuación, promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, completarase con propostas infantís e música tradicional ao longo da programación festiva
Eventos
Castroverde reunirá artesanía, gastronomía e vehículos clásicos o 16 de agosto na súa feira anual
A décimo novena edición do evento contará con demostracións de oficios tradicionais, espectáculos, música, actividades familiares e a XII Concentración de Vehículos Clásicos
O documental sobre Mary Quintero será proxectado no centro sociocultural de Castroverde
O Centro Sociocultural exhibirá a cinta 'Máis de 90 anos de creatividade', dedicada á pioneira da fotografía en Galicia
A CHMS actuará en 18 quilómetros de leitos fluviais de ríos do centro e sur da provincia
Os traballos continuarán nos municipios de Castroverde, A Pastoriza, Outeiro de Rei, Cospeito, Chantada e Rábade
Trece explotacións lucenses reciben o recoñecemento de Africor polo seu labor na mellora da cabana gandeira
Os premios destacados foron para Láncara, Sarria e O Páramo, pero tamén foron distinguidas explotacións en Castroverde, Pastoriza, Baleira, Carballedo, Guitiriz, O Saviñao e Barreiros
A Deputación inviste máis de 221.800 euros na mellora da LU-P-1201 en Castroverde
A institución provincial tamén adxudica a compra dun novo camión 4x4 para reforzar os traballos de conservación e mantemento da rede viaria
A Deputación inicia as obras da nova ponte sobre o río Azúmara, entre Castroverde e Pol
A actuación permitirá ampliar a plataforma da LU-P-1611, mellorar a seguridade viaria e eliminar un dos puntos máis complexos desta estrada provincial
A Deputación de Lugo corta a LU-P-1611 dende o 29 de xuño polas obras da nova ponte sobre o río Azúmara
O tramo entre Mosteiro e Castroverde quedará pechado ao tráfico e o desvío realizarase pola LU-P-1204











